O teatro non debe faltar nas aulas de Educación Infantil xa que a través del os nenos e nenas poderán expresar os seus sentimentos, tamén favorece a utilización da linguaxe oral, das facultades corporais, de relación, etc..
O teatro xurde de modo natural na súa actividade lúdica. O neno é un actor nato, no seu xogo espontáneo fai unha imitación de diferentes e variados personaxes e vive esta estimulación dun xeito natural e sincero.
La Maquiné presenta El bosque de Grimm, un espectáculo sen palabras, un álbum escénico de imaxes suxerentes inspiradas nos coñecidos contos: Polgariño, Brancaneves, Carapuchiña vermella ou A bela durminte do bosque.
1 comentario:
Que bonito video, Ángeles! A min tamén me parece que o teatro é un boísimo recurso para as nosas clases. Unha aperta.
Publicar un comentario