31/3/14

VIAXAMOS A ECUADOR


Os nenos e nenas de 1º de Primaria, (que sigo considerándoos meus nenos e nenas xa que entraron no colexio da miña man e estivemos tres anos xuntiños), mentres que eu estiven en Ecuador eles estiveron investigando sobre ese país. E saben moitísimo!
Un día xuntámonos para ver fotos e vídeos de Ecuador.
E hoxe fixéronme un agasallo, un libro "Viaxamos a Ecuador"
Eu nos seus debuxos e na cara que poñen ao regalarmo vexo o cariño que me teñen.
Graciñas a todos vos! Por seguir recordándome.
Algunhas fotos de Ecuador:
Na selva amazónica:

 No mercado e no Centro histórico:


 O volcán Cotopaxi e No medio do mundo (Experimentos)

1 comentario:

Fina Blanco Antelo dijo...

Moitas grazas por achegarte ata a nosa aula. Sabes que podes vir sempre que queiras. Estaremos encantados de que así o fagas. Un bico enorme de todos e todas!!