23/6/17

NON AO PECHE DO COLEXIO MONTE CAXADO

Sempre é moi triste pechar un colexio, moi triste. Case sempre se fai por falta de alumnado pero este non é o caso. Sendo o colexio con mais matrícula de As Pontes non alcanzo a comprender as razóns.
e sobre todos as formas. Todo secretismo... esperaron ao último día de curso para darnos esta amarga noticia... ningunha explicación.
Eu traballei trinta anos no Colexio Monte Caxado. Fun unha das profe de Educación Infantil. Cada curso acollía a grupos de nenos e nenas xunto coas familias. Esas familias que estaban desexosas de presentarme ao seu maior tesouro e eses nenos e nenas que poñían aos meus pés todos os seus soños que eu sempre tiven moito coidado de non pisotealos. Fun moi feliz dando clase e  teño moitísimo cariño a toda a xente que compartiu conmigo estes anos. Espero que se poda frenar esta inxustiza.

No hay comentarios: