13/4/08

PROXECTO: AS PLANTAS

No mes de marzo contamos coa axuda de Laura, unha estudiante de educación infantil, que estaba facendo as prácticas na nosa clase. Propuxo aos nenos e nenas se querían investigar e aprender cousas das plantas e todos aceptaron encantados. Así é como naceu este proxecto.

Os nenos trouxeron moitas e variadas sementes da súa casa: fabas garabanzos, coles, cenorias, pipas de mirasol e pipas de cabaza, leituga, nabos, coles, fiuncho ...





FIXEMOS CADROS DE SEMENTES





PLANTAMOS NO HORTO





EXPERIMENTOS


A CEBOLA NA AUGA BOTA RAÍCES





AS LENTELLAS XERMOLAN






OS CARAVEIS CAMBIAN DE COR






Como bos científicos, cada día observamos e anotamos os cambios.



1 comentario:

Loli Prieto dijo...

Pareceume precioso o proxecto das plantas. Copiaremos algunhas das túas ideas para o curso que vén. Que nenos/as tan traballadores