19/10/08

II ENCONTROS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

Este fin de semana celebráronse en Santiago os II ENCONTROS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA. Cinco profesoras do colexio asistimos a estos encontros donde nos reunimos uns mil mestres de toda Galicia. Foi moi enriquecedor xa que compartimos experiencias e collemos ideas novas para mellorar o noso traballo, neste caso mellorar a nosa BIBLIOTECA que debe convertirse nun lugar que asegure un contacto vivo e pracenteiro dos nenos cos libros.

A estas alturas naide dubida de que hai que iniciar aos nenos e nenas desde ben pequeniños no manexo dos libros.

Como nos dicía onte Antonio Basanta (Director Xeral da Fundación Germán Sánchez Ruipérez)
"A miña primeira biblioteca foi miña nai contándome historias cada noite"

Noutros casos pode ser o pai ou un avó ou unha avoa quen desperta o interés polas historias, moito antes de que os nenos aprendar a ler.
"Non poderemos ler o que antes non escoitáramos pronunciar"
Así que xa sabedes, ¡contádelles moitos contos aos vosos fillos!

1 comentario:

Pilar dijo...

Claro que si,Angeles a lectura só debera entrar polo gusto. Os mestres temos moita responsabilidade e debemos procurar sempre acercar aos noso alumnos aos libros ,pero tratando de espertarlles o gusto; senón mellor nin sequera falarlles de libros.Ese tamén é o reto para a Biblioteca acercar a lectura a todos os nenos pero buscando sempre que disfruten con ela.
Pilar