9/8/11

Feira do libro da Coruña

A semana pasada estiven na feira do libro na Coruña. Vin moitos libros que me encantaría ter na nosa biblioteca. No stand da librería AENEA tiven a sorte de falar con Lola Puerta que me mostrou un montón de novidades.
Puiden ter nas miñas mans CUENTOS SILENCIOSOS en formato POP- UP de Benjamin Lacombe.



E xa que estamos no verán recordamos o conto LA OLA de Suzy Lee ilustradora coreana que gañou importantes premios. Neste suxerente libro sen palabras cóntanos a historia dunha nena nun día de praia.




1 comentario:

Ana dijo...

Encántanme os dous, están xenial. Xa me gustaría a min que no noso cole houbera libros así. Un biquiño.