11/8/11

Premio

Temos unha amiga que sempre nos visita, Ana, do blog Aula Tic, e hoxe comparte con nós este premio que recibiu. Moitas grazas Ana por acordarte de nosoutros.Enlace
Unha condición que leva este premio e dicir algo de min mesma. Eu prefiro falar do grupiño de nenos e nenas de Educación Infantil que me acompañan nesta andadura e que son a materia prima por excelencia. Queremos ter unha escola aberta e ter a sensación de que en calquer momento podan pasar cousas interesantes: acontecimentos sociais, virtuais, culturais, sentimentais...unha escola que parta do desexo de saber innato no neno/a. Que eles mesmos elixan os proxectos que interesa investigar, coa axuda imprescindible de tódalas familias.
Cando surxe un interés no grupo de nenos e nenas miramos, curioseamos, preguntamos.... TODOS/AS APRENDEMOS DE TODOS/AS

Quero compartir este premio con tódolos blogues amigos que visito e que me visitan.

No hay comentarios: