21/11/11

Conto: "Un rato no piano"

Bemol Pispante é un rato. Él ama a música e por iso vive nun piano. O resto dos ratos que viven na casa no o entenden e pensan que está loco porque podería ser descuberto polo propietario do piano...

Ensinamos a portada do libro e preguntamos aos nenos e nenas qué ven , qué pasará nese conto:
-      Vexo un  rato e outro rato detrás do piano. (Miguel)
-      O rato está tocando o piano. (Andrea)
-      Vexo letras. (Noa)
-      Un ratiño está sentado no piano. (Daniel)
-      Son bloques. (Óscar)
-      Chámanse teclas. (Daniel)
-      Teclas do piano. (Mateo)
-      O rato está nun piano porque ten estas teclas negras e brancas. (Xulián)
-      Estará tocando. (Mateo)
-      Ou descansando. (Érika)
-      Pode estar correndo por enriba do piano. (Xulián)
-      Ou pensando. (Óscar)
-      Está oscuro. Están un pouco tristes. (Miguel)
.......



O teatro na Educación Infantil: O neno é un mal actor para os demais pero un actor magnífico para sí mesmo e todo o espectáculo debe organizarse de tal xeito que os nenos perciban que representan para sí mesmos. O premio máis alto debe residir na satisfación que os propios nenos experimenten pola preparación do espectáculo (disfrazarse, pintarse...) e non polo éxito e polo aplauso dos maiores.

3 comentarios:

Ana dijo...

Vaia artistas que tes, se os ve Spielberg os contrata deseguido. Gustoume moito a obra, mágoa non poder estar ahí para vela en vivo e en directo pero bueno conformámonos con vela desde ese buratiño que é Internet. Un biquiño.

Loli Prieto dijo...

Fantástico. Ofrecémonos como público para asistir á seguinte obra deste xenial elenco de actores. Bicos.

Bea dijo...

Guauuuuuu, vaia piano!!!! que idea tan xenial!!!!