- Vexo un rato e outro rato detrás do piano. (Miguel)
- O rato está tocando o piano. (Andrea)
- Vexo letras. (Noa)
- Un ratiño está sentado no piano. (Daniel)
- Son bloques. (Óscar)
- Chámanse teclas. (Daniel)
- Teclas do piano. (Mateo)
- O rato está nun piano porque ten estas teclas negras e brancas. (Xulián)
- Estará tocando. (Mateo)
- Ou descansando. (Érika)
- Pode estar correndo por enriba do piano. (Xulián)
- Ou pensando. (Óscar)
- Está oscuro. Están un pouco tristes. (Miguel)
.......
3 comentarios:
Vaia artistas que tes, se os ve Spielberg os contrata deseguido. Gustoume moito a obra, mágoa non poder estar ahí para vela en vivo e en directo pero bueno conformámonos con vela desde ese buratiño que é Internet. Un biquiño.
Fantástico. Ofrecémonos como público para asistir á seguinte obra deste xenial elenco de actores. Bicos.
Guauuuuuu, vaia piano!!!! que idea tan xenial!!!!
Publicar un comentario