10/6/12

O PASEO DE ROSALÍA

Kalandraka recupera este clásico de 1968: Libro Destacado pola Asociación de Bibliotecarios de América.
 O paseo de Rosalía de Pat Hutchins. Apenas contén texto porque non é necesario, as imaxes teñen a forza necesaria para seguir o relato paso a paso, cunha estrutura circular: o paseo da galiña Rosalía e o accidentado e humorístico axexo ao que a somete un raposo que a persegue sen que ela se decate do perigo.
A galiña Rosalía saíu pasear, atravesou a eira, rodeou a poza...



Este libro entrou na nosa clase en Maio. Foi un premio do concurso das LETRAS GALEGAS que organiza a ANPA do colexio. 
Despois de lelo na clase viaxou por todas as casas. 
Todos os nenos e nenas contaron o conto na clase á súa maneira.

 

1 comentario:

Ana Martínez dijo...

Pero que ben o contan! Éntranme gañas de lelo xa. Intentarei conseguilo. Un bico.