Nada máis chegar á clase imos directamente á caixa dos vermes. Cantas bolboretas naceron hoxe?
Cada día hai máis. Os vermes de seda xa fixeron a metamorfosis, xa non son vermes, teñen ollos, antenas, patas, Son bolboretas!
O fío de seda é moi duro, menos mal que teñen un líquido especial para que se ablande a seda porque non habería maneira de saír do casulo. De todas formas teñen que facer un gran esforzo para romper a seda que é durísima.
Non
poden voar. Os machos moven moito as
ás pero tampouco voan, dan voltas ao redor das femias e acaban xuntándose.
1 comentario:
Canto estades a aprender sobre os vermes de seda e as bolboretas! Gústanme as bolboretas que fixéchedes, son chulísimas. Un biquiño.
Publicar un comentario