17/6/12

UNHA PARTIDA DE BOLOS

Na clase hai veces que os nenos e nenas organizan  xogos sen que naide os dirixa e que ben o fan!
Neste caso colleron os bolos. Uns nenos son os que colocan os bolos e fan as tiradas e outros nenos e nenas colleron folios para apuntar os resultados. Como é normal as veces xurde algún problema pero tamén atopan a maneira de resolvelo. Con este xogo están aprendendo un montón de conceptos matemáticos  aplicados nunha actividade con sentido.

1 comentario:

Ana Martínez dijo...

Así calquera aprende os números. Eu tamén me apunto a vosa clase, je,je Un biquiño.