31/10/12

VISITA Á BIBLIOTECA

Na Biblioteca está o COMEMEDOS un personaxe que creamos entre todos os cursos de infantil e primaria e que esperamos que nos libre de todos os medos.
Hoxe debuxamos e escribimos nun folio a qué lle tíñamos medo e despois levamos os nosos medos ao COMEMEDOS que os tragou todos nun plis-plas.


Hoxe os científicos de cinco anos tamén visitamos a Biblioteca para buscar información para o noso proxecto: "O corpo humano".
Non buscamos no sitio dos contos, buscamos onde están os libros da ciencia, os libros que utilizan os maiores.
Atopamos uns libros moi interesantes que levamos para a nosa clase, neles seguro que atopamos a información que buscamos. Terémolos varios días.







1 comentario:

Ana dijo...

Gústame o comemedos, parecéme unha idea estupenda. Xa nos amosaredes eses libros de "maiores" que leváchedes para clase. Seguro que aprendedes moitas cousas. Unha aperta e boa finde.