INVESTIGACIÓN
Este martes os científicos seguimos investigando sobre o corpo humano. Estamos aprendendo cousas do sistema circulatorio. Limos nun libro que cada persoa ten no seu corpo cinco litros de sangue. Para facernos unha idea do que representa esa cantidade qué mellor forma que traballar con distintos recipientes con distintas capacidades.
1 comentario:
Seguro que as cantidades lles quedaron moi clariñas. Non hai nada como a experimentación para entender ben as cousas. Un biquiño e boa ponte.
Publicar un comentario