20/11/12

A DIXESTIÓN

Os científicos de catro e cinco anos investigamos e comprobamos como funciona o aparato dixestivo. Comezamos pola boca. Temos distintos tipos de dentadura: Incisivos, caninos, molares... e cada tipo de dentes traballa dun modo diferente.
 Utilizando plastilina cortamos, rasgamos e machacamos, exactamente como fan os nosos dentes. 
 

Despois comendo pan sentimos como íamos facendo o bolo alimenticio. 
Tamén fixemos o bolo alimenticio coas nosas mans axudando a ablandalo cunha pouquiña de auga (en lugar da saliva), e despois xa estaba preparado para a dixestión. 
 
 Metimos o bolo por un tubo que representaba ao esófago e que acababa nunha bolsa que representaba ao estómago. 
O bolo no estómago mézclase cos zumes gástricos e despois os restos de comida pasan por un tubo moi longo: os intestinos.
 

Investigamos o que miden os intestinos e xa sabemos que estirándoos ben miden dez metros.
 Para facernos unha idea do qué son dez metros saímos ao corredor cunha cinta métrica e unha corda. Medimos e fixemos o recorrido por encima.

 
   

 Parece mentira que nos colla tanto intestino na barriga!

1 comentario:

Teachers dijo...

Que interesante todo o que facedes os pequenos do cole!Noraboa polo voso traballo e o das vosas mestras! Seguide así porque esa é a mellor forma de aprender.
Biquiños da "teacher".