Utilizando plastilina cortamos, rasgamos e machacamos, exactamente como fan os nosos dentes.
Despois comendo pan sentimos como íamos facendo o bolo alimenticio.
Tamén fixemos o bolo alimenticio coas nosas mans axudando a ablandalo cunha pouquiña de auga (en lugar da saliva), e despois xa estaba preparado para a dixestión.
Metimos o bolo por un tubo que representaba ao esófago e que acababa nunha bolsa que representaba ao estómago.
O bolo no estómago mézclase cos zumes gástricos e despois os restos de comida pasan por un tubo moi longo: os intestinos.
Investigamos o que miden os intestinos e xa sabemos que estirándoos ben miden dez metros.
Para facernos unha idea do qué son dez metros saímos ao corredor cunha cinta métrica e unha corda. Medimos e fixemos o recorrido por encima.
Parece mentira que nos colla tanto intestino na barriga!
1 comentario:
Que interesante todo o que facedes os pequenos do cole!Noraboa polo voso traballo e o das vosas mestras! Seguide así porque esa é a mellor forma de aprender.
Biquiños da "teacher".
Publicar un comentario