31/1/13

DÍA DA PAZ

 O 30 de Xaneiro celebramos no cole o Día da Paz. Os nenos e nenas de catro e cinco anos fomos á Biblioteca e representamos o conto: "Negros e brancos".



Autor e ilustrador: David McKee
Edicións: Xerais

David McKee é un escritor e ilustrador británico coñecido especialmente por ser o creador da serie ELMER, o elefante de cores inspirado na obra do pintor Paul Klee.


Un texto axeitado para reivindicar a paz, contra a intolerancia e o racismo, moi apropiado para introducir nas aulas a reflexión arredor da violencia e as súas causas. 


Despois do recreo xuntámonos todos os nenos e nenas do colexio para facer a silueta dunha gran pomba con tapóns brancos.

No hay comentarios: