31/1/13

MEDIDA DOS DINOSAURIOS

Unha parte destacable dos dinosaurios era o seu tamaño. 
Nós investigamos canto medían. 
Averiguamos que un Diplodocus chegaba a medir 27 metros, un Triceratops máis de nove metros, un Tiranosaurio 12 metros....


Pero esas cantidades a un neno non lle din nada, é dicir non é capaz de imaxinalas se non é facéndoas realidade, así que saímos ao corredor do colexio con cintas métricas e fomos medindo e marcando a medida de cada dinosaurio. Despois fixemos o percorrido interiorizando as medidas.





1 comentario:

Ana Martinez dijo...

Mi madriña! Vaia medidas! Seguro que quedaron sorprendidísimos. Unha aperta.