30/1/13

OS NÚMEROS REPRESENTAN INFORMACIÓN

Xa sabemos da importancia que ten para as persoas construir coñecementos a partir de obxectos e de situacións reais;  
Tendo isto en conta, comecemos falando de números...
 Os números sirven para calcular pero tamén usamos os números para representar información. 
Nas etiquetas da compra, nos mapas de carreteras, nos periódicos,... hai multitude de números que transmiten información, vinculándose a diferentes magnitudes (distancias, datas, horarios, descontos...)
 Números que están incluidos en textos combinándose con palabras ou con imaxes. 
Textos que son tablas de doble entrada, listas ou mapas... 
Pois ben na clase tamén queremos traballar con este tipo de textos. Queremos abordar a linguaxe matemática tal e como se fai no noso entorno social.

 

2 comentarios:

Ana Martínez dijo...

Gústame como traballáchedes os números. Unha aperta.

Oliva dijo...

Esta é maneira de traballar a matemática vinculada coa realidade que nos rodea. Quen dixo que as matemáticas eran aborrecidas!!!