5/3/13

NOVO PROXECTO: O UNIVERSO


Xa comezamos a reunir información para o proxecto: 
 O Universo.


 Tamén fomos á Biblioteca e atopamos moitos libros.




Para entender o Universo comezamos por investigar cómo se formou.
Unha das teorías, e a máis aceptada, é que o Universo creouse con un gran estallido ao que os grandes astrónomos lle deron o nome de Gran Explosión (BIG BANG)
Viñéronnos moi ben os vídeos que atopamos no blog AULA TIC




Despois de ver os vídeos representamos no patio esa gran explosión, e na clase, con globos recheos de partículas de plastilina, experimentamos cómo sería ese BIG BANG.

2 comentarios:

Loli Prieto dijo...

Seguro que estos nenos e nenas tan traballadores aprenden moito con este proxecto. Xa nos iredes contando.

Ana Martinez dijo...

Que ben que estemos co mesmo proxecto! Así nos aproveitaremos mutuamente de todo o que vaiamos atopando. Unha aperta.