6/3/13

PREPARACIÓN E CELEBRACÍON DOS CUMPREANOS

Para celebrar os cumpreanos deste trimestre comezamos pola compra.
Temos cerca do colexio un centro comercial e acompañados polos pais e nais acércamonos a mercar todo o que necesitábamos para a festa.
Xa levábamos días descifrando as distintas revistas de ofertas dos supermercados: productos e precios.
Pero hoxe foi moito mellor porque buscábamos algo que necesitábamos de verdade, era unha compra auténtica!
Buscamos, miramos o precio, metimos no carrito e pasamos por caixa para pagar.
 Así de alegres saímos rumbo ao super!

No supermercado metendo a compra no carrito.


Pasando por caixa para pagar
Xa na clase comezamos a preparar a tarta. 
Despois da festa e do recreo no patio, apuntamos e calculamos os gastos sumando como os maiores. (Con axuda, claro)

1 comentario:

Ana Martinez dijo...

Menuda pinta ten esa tarta de cumpreanos! Está para comela! Paréceme unha actividade completísima: tiveron que ir ata o super, buscar, meter no carro, pagar, preparar a tarta, a mesa e ainda encima facer as contas. Non vos faltou detalle. A miña sincera noraboa para todos por tan fantástico traballo e un biquiño para os protagonistas da festa.