26/5/13

LETRAS GALEGAS 2013

A semana pasada celebramos o festival das Letras Galegas. Estivo moi ben, todos os cursos do colexio participaron e gustáronnos moito as súas actuacións.
Os nenos e nenas de catro e cinco anos divertíronse moito bailando a canción de ALÍ BABÁ.


A sorpresa máis grande foi que cando chegamos á clase e atopamos unha caixa que traía unha carta, que tivemos que ler  antes de abrila, porque había que saber se esa caixa era para nós.
A letra da carta era un pouco pequena e houbo que esforzarse para lela. Pero conseguimos saber o que poñía.




                   
 
A caixa estaba chea de "moedas de ouro" que "comemos" os nenos e nenas de catro e cinco anos,  os participantes no baile de Alí Babá.
Estamos intrigadísimos con esta admiradora secreta que xa o curso pasado nos fixera outro agasallo. Como non se deixa ver desde aquí lle damos as gracias e lle mandamos moitos bicos.

1 comentario:

Ana Martínez dijo...

Un gran aplauso para uns grandes artistas. Unha aperta.