22/5/13

O UNIVERSO DE JOAN MIRÓ

Neste proxecto do Universo queremos falar do gran pintor catalán Joan Miró. Miró dedicou gran parte da súa obra ao mundo das constelacións, as estrelas e o universo.
Hoxe estivemos vendo estes cadros, chamounos a atención o seu autorretrato. Descubrimos os tres pelos que lles poñía Miró aos seus personaxes e xogamos a buscalos en todos os cadros.

1 comentario:

Ana Martínez dijo...

Seguro que os atoparon todos, non si? Unha aperta.