18/9/13

IMOS CAZAR UN OSO

Temos na nosa biblioteca este fermoso álbum da editorial Kalandraka. Obra do poeta Michael Rosen e a ilustradora Helen Oxenbury.
Imos cazar un oso é unha aventura familiar de xogos, ruídos, sustos e risos, que está baseada nunha antiga canción de campamento inglesa. Ideal para contar en alto polo uso das onomatopeas.
 Atravesando un campo de herba, un bosque, un río... cazar un oso é unha aventura chea de emoción e imprevistos na que pode involucrarse toda a familia.
As ilustracións alternan escenas en cor e en branco e negro, a lapis e a acuarela.  
 O paseo de ida paseniño contrasta co de regreso a toda velocidade.


Aquí o propio autor Michael Rose xesticulando e cantando a 
 canción. 


Outra versión do conto: "Voy en busca de un león" 

2 comentarios:

Ana Martínez dijo...

Non o coñecía, Ángeles. Ten moi boa pinta. Intentarei conseguilo. Unha aperta.

Teachers dijo...

Que conto máis bonito! Vouno poñer no blog de inglés porque a linguaxe que utiliza é moi sinxela con moitos adxectivos e con preposicións. Graciñas Ángeles!!!
Bicos da "teacher"