17/6/12

BOLBORETAS

Nada máis chegar á clase imos directamente á caixa dos vermes. Cantas bolboretas naceron hoxe?
Cada día hai máis. Os vermes de seda xa fixeron a metamorfosis,   xa non son vermes, teñen ollos, antenas, patas, Son bolboretas!
     O fío de seda é moi duro, menos mal que teñen un líquido especial para que se ablande a seda porque non habería maneira de saír do casulo. De todas formas teñen que facer un gran esforzo para romper a seda que é durísima.
Non poden voar.  Os machos moven moito as ás pero tampouco voan, dan voltas ao redor das femias e  acaban xuntándose.
Cando se separan, as mamás poñen os ovos para que nazan os filliños, que serán uns vermes moi  pequeniños.







1 comentario:

Ana Martínez dijo...

Canto estades a aprender sobre os vermes de seda e as bolboretas! Gústanme as bolboretas que fixéchedes, son chulísimas. Un biquiño.