Mostrando entradas con la etiqueta Días especiais. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Días especiais. Mostrar todas las entradas

2/4/15

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL 2015




MOITAS CULTURAS, UNHA HISTORIA


"Falamos diferentes linguas e vimos de diferentes orixes, mais compartimos as mesmas historias"
Historias internacionais… historias tradicionais
É a mesma historia que se nos conta a todos
En diferentes voces
En diferentes cores
Pero permanece inmutábel…
Comezo…
Argumento…
E fin…
É a mesma historia que todos sabemos e amamos
Todos a escoitamos
En diferentes versións de diferentes voces
Mais sempre é a mesma
Hai un heroe… unha princesa… e un vilán
Non importa a súa lingua, nin os seus nomes,
Nin as súas caras
É sempre o mesmo comezo,
Argumento
E fin
Sempre ese heroe… esa princesa e ese vilán
Inmutábeis durante séculos
Acompáñannos
Murmúrannos nos nosos soños
Arrólannos para durmir
As súas voces marcharon hai tempo
Pero viven nos nosos corazóns para sempre
Pois únennos nun mundo de misterio e imaxinación
Para que todas as culturas se fundan nunha única historia."
Escrito por: Marwa Al Aqroub
Traducido ao galego por Antía Marante e Sabela González.


Fonte: OEPLI (Organización española para o Libro Infantil e Xuvenil)

17/5/14

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

PENELOPE fermoso poema de XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO.

2/4/14

2 DE ABRIL, DÍA INTERNACIONAL DO AUTISMO

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

Desde 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY (International Board on Books for Young People) promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos. 
Cada ano é un país membro da citada Organización Internacional o encargado de editar o cartel anunciador e a mensaxe dirixida a todos os nenos do mundo.
cartel dia
O cartel foi ilustrado por Niamh Sharkey, e a mensaxe co lema
 foi escrita por Siobhán Parkinson 

CARTA AOS NENOS DO MUNDO

OS LECTORES, a miúdo lle preguntan aos escritores como escriben as súas historias - De onde saen as ideas? Veñen da miña imaxinación, contéstalles o escritor. Ah, claro, adoita responder o lector. Pero, onde está a túa imaxinación, de que está feita e é certo que todo o mundo ten unha?
Ben, responde o escritor, está na miña cabeza, por suposto, e está composta de imaxes e palabras e recordos e rastros doutras historias e palabras e fragmentos de cousas e melodías e pensamentos e rostros e monstros e formas e palabras e movementos e palabras, ondas e arabescos e paisaxes e palabras e perfumes e sentimentos e cores e rimas e pequenos estalos e asubíos e sabores e explosións de enerxía e adiviñas e brisas e palabras. Todo iso xirando aí dentro e cantando e comportándose como un calidoscopio e aboiando e sentándose e pensando e rañando a cabeza.
Por suposto que todo o mundo ten imaxinación: sen ela, non seriamos capaces de soñar. Porén, non toda imaxinación ten as mesmas cousas dentro dela. Probablemente, a imaxinación dos cociñeiros conteña na súa maioría sabores, da mesma maneira que a imaxinación dos artistas conterá sobre todo cores e formas. A imaxinación dos escritores está principalmente chea de palabras.
...
...          .
Seguide lendo!
Siobhán Parkinson

Ler máis

7/3/14

8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O Día Internacional da Muller conmemora a loita das mulleres pola súa participación, en igualdade de condicións cos homes, na sociedade e no seu desenvolvemento integral como persoa.

19/11/13

DIA DOS DEREITOS DO NENO

O 20 de novembro de 1959 aprobouse a Declaración dos Dereitos do Neno. E desde entón, en todo o mundo, celébrase nesta data o Día Universal dos Nenos e Nenas.

 - Todos os nenos e nenas do mundo teñen dereito a educarse nun espíritu de amizade, tolerancia, paz e fraternidade.



6/10/13

O MAESTRO - ANÉCDOTA DE EDUARDO GALEANO

 Día 5 de outubro: DÍA MUNDIAL DOS DOCENTES

O lema deste ano “Unámonos pola Educación pública. Una educación pública de calidade para un mundo mellor”


Unha singular anécdota contada polo propio autor, o insigne escritor uruguayo Eduardo Galeano.

23/4/13

DÍA DO LIBRO

O poder da lectura.



Hoxe tivemos a sorte de contar co pai de Andrea para o conto. Xa nos adiantara Andrea que nos ía encantar, que o seu pai contaba moi ben os contos, e así foi.




22/4/13

23 DE ABRIL- DÍA MUNDIAL DO LIBRO

Esta semana queremos dedicarlla especialmente aos LIBROS
Vai ser especial porque contaremos co apoio importantísimo de pais e nais que veñen á nosa clase a contar e lernos contos. 


Hoxe a Destaw brillábanlle os ollos mirando e escoitando ao seu papá que nos contou un conto e leunos outro.
Quedamos tan contaxiados da lectura que acabamos collendo libros e todos querendo ler.


2/4/13

2 de abril de 2013, DÍA MUNDIAL DO AUTISMO

Video homenaxe duns pais ao seu fillo diagnosticado con TEA aos dous anos e medio: 


A VIAXE DE MARÍA 

Obra do debuxante Miguel Gallardo, pai dunha filla con autismo.

 

1/4/13

DIA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL 2013

MENSAXE DO DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

Dende 1967, coincidindo co aniversario do nacemento de Hans Christian Andersen, celébrase o Día internacional do Libro Infantil e Xuvenil para promocionar os libros e a lectura.


Lemos xuntos, ti e eu.
Vemos que as letras forman palabras
e as palabras convértense en libros
que estreitamos nas nosas mans.
Oímos murmurios
e ríos buliciosos nas súas páxinas,
osos que cantan
graciosas melodías á lúa.
Entramos en misteriosos castelos
e das nosas mans soben ata as nubes
árbores florecidas. Vemos nenas valentes que voan
e nenos que atrapan as estrelas.
Lemos xuntos. Ti e eu, dando voltas e voltas,
percorrendo o mundo coa alegría nos libros.

Poema de Pat Mora
Traducción: Concha Blanco

14/2/13

AS NOSAS CARTAS DE AMOR:

Hoxe na Biblioteca repartíronse os premios do Concurso de "Cartas de Amor" que convoca o Equipo de Normalización Lingüistica. Tivemos un premio moi dulce: Bombóns!




 Escribimos as cartas moi ben , e tamén imos lendo bastante ben. A que sí!

 

SAN VALENTÍN

Para celebrar o Día de San Valentín atopei este libro precioso da Editorial Kalandraka Este libro ten ao corazón como protagonista, e a ilustradora Moni Pérez plasma o "Amor" con debuxos sinxelos, e moito humor. 
 


3/12/12

DÍA DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Todos os 3 de decembro, celébrase o día internacional das persoas con discapacidade. O lema deste ano é: "ELIMINAR AS BARREIRAS PARA CREAR UNHA SOCIEDADE INCLUSIVA E ACCESIBLE PARA TOD@S".
Estos días están sendo noticia porque teñen que saír á rúa para loitar contra unhas medidas de recortes que nunca lles deberan de chegar. Neste blog: El blog de los maestros de audición y lenguaje) atopei este vídeo

 

6/5/12

FELIZ DÍA DA NAI!

Que contentas se poñerían as mamás cando viron estas obras de arte feitas polos seus fillos e fillas! 



Neste día sinalado como o Día da Nai quero compartir este texto (de Vladimir Reinhardt) que me gustou moito e vai para tódalas nais que lles gustaría ser unhas nais perfectas.

Unha nai perfecta sabe perfectamente que non hai nais perfectas nin moito menos.
Unha nai perfecta descobre que non hai idade, hora nin momento concreto para comenzar a educar, faise desde o principio.
Unha nai perfecta dase conta de que non hai fillos perfectos e de que todos teñen un pouco de todo.
Unha nai perfecta sabe que poñer límites é un acto de amor.
Unha nai perfecta sabe que hai amores que matan e por iso prefire mil veces máis protexer que sobreprotexer.
Unha nai perfecta aprende a confiar nas súas capacidades para educar e nas capacidades do fillo para aprender.
Unha nai perfecta aprende a aceptar as súas limitacións e os seus erros e aprende da experiencia.
Unha nai perfecta sabe que a teoría é moi bonita e fácil de entender e que a realidade é algo moi distinto.
Unha nai perfecta aprende a atopar un espacio para sí mesma (cine, música, amigos) e esfórzase por non sentirse culpable por iso.
Unha nai perfecta consola ao seu fillo cando sofre e dalle esperanzas dun futuro mellor.
Unha nai perfecta sabe aceptar un "non sei " por resposta. 
Unha nai perfecta sabe que ten as súas razóns cando lle pide algo ao fillo, pero tamén sabe que el ten as súas.
Unha nai perfecta sabe que a educación é unha combinación de paciencia, esixencia e tenrura.
----------------------------------------------------------------------------------------------

23/4/12

DÍA DO LIBRO

Cada 23 de abril celebramos o Día do Libro e a conmemoración da morte de Miguel de Cervantes autor da obra máis universal, Don Quijote de la Mancha, a primeira gran novela da historia.
 A nosa amiga Ana no seu blog Aula Tic  ten un montón de recursos para traballar o Quixote. Xa os estivemos vendo na clase a semana pasada e como nos gustan moito decidimos traelos ao noso blog co seu permiso. Gracias Ana.