Mostrando entradas con la etiqueta xogos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta xogos. Mostrar todas las entradas

20/10/15

ARQUITECTURA PARA NENOS. O MELLOR PATIO

 Diseñado polo arquitecto Takaharu Tezuka. Un diseño que realmente permite que os nenos sexan nenos.


21/10/13

CONTO: IMOS CAZAR UN OSO

Nenos e nenas de tres, catro e cinco anos traballamos este conto que xa apareceu nunha entrada anterior.

Comezamos mostrando a portada do libro e facendo as nosas hipóteses:
- Que vemos?
- Onde están?
- A onde irán?
Contamos o conto camiñando polo patio e facendo todas as onomatopeas.
Pintamos un mural cos personaxes.

7/10/13

FACER PERSOAS FELICES

No blog "EL RINCÓN DE LA MAESTRA"atopei este vídeo cunha reflexión sobre as nosas actuacións para cos nenos. Que non se nos esqueza nunca que os nenos e nenas teñen que xogar!


¿Bailamos? por dm_523e02e4c6a97

1/7/12

XOGA CON PEPPA

A nosa teacher Ángeles deunos a coñecer este xogo. Seguro que nos gustará xogar e seguir aprendendo no verán. Graciñas Ángeles!


28/6/12

17/6/12

UNHA PARTIDA DE BOLOS

Na clase hai veces que os nenos e nenas organizan  xogos sen que naide os dirixa e que ben o fan!
Neste caso colleron os bolos. Uns nenos son os que colocan os bolos e fan as tiradas e outros nenos e nenas colleron folios para apuntar os resultados. Como é normal as veces xurde algún problema pero tamén atopan a maneira de resolvelo. Con este xogo están aprendendo un montón de conceptos matemáticos  aplicados nunha actividade con sentido.

28/5/12

XOGAR COS NOMES

Hoxe na clase entramos no blog Aula Tic e atopamos este recurso que nos encantou. A maioría de nenos e nenas escribiron o seu nome co teclado do ordenador e divertíanse moito cando aparecía o seu nome con flores. Despois poñían as letras que querían e eles mesmos discurrían novas formas de xogar. Como lles gustou tanto trouxémolo ao noso blog para que poidan xogar na casa. Poden escribir o seu nome, dos irmáns, do pai, da nai... Gracias Ana (Aula Tic) por compartir tanto!

19/5/12

BICHOS


23/4/12

DÍA DO LIBRO

Cada 23 de abril celebramos o Día do Libro e a conmemoración da morte de Miguel de Cervantes autor da obra máis universal, Don Quijote de la Mancha, a primeira gran novela da historia.
 A nosa amiga Ana no seu blog Aula Tic  ten un montón de recursos para traballar o Quixote. Xa os estivemos vendo na clase a semana pasada e como nos gustan moito decidimos traelos ao noso blog co seu permiso. Gracias Ana.



23/12/11

XOGOS DO NADAL

A nosa amiga Ana do blog Aula Tic preparou este Glogster con cantidade de xogos. Dámoslle as grazas por compartir todas estas actividades que ela fai.
Facede click nos debuxos:

18/12/11

"Pedro e o lobo"

Asocia os sons dos instrumentos cos movementos dos animais.
 Pincha na imaxe

  ;

9/11/11

">

13/10/11

Switch Zoo

No blog Falando enténdese a xente atopei este xogo de crear animais fantásticos mesturando partes de outros animais. É moi divertido. Despois de crealos os nenos/as poden describilos, poñerlles nome...

Xogo simbólico

A xulgar por estas caras parece que a construcción non está tan en crise...

Posted by Picasa

23/6/11

Equilibrio

Cada neno e cada nena pasea cun saquiño de area na cabeza. Temos que manter o equilibrio. Chegaremos á meta sen que nos caigan?

19/6/11

Aberto por vacacións




No blog http://casadetolos.nireblog.com/ atopei este conxunto de actividades, unha proposta que dende a Junta de Castilla y León fan para este verán.