Entramos na clase pola mañá coas gorras e mochilas e tamén, algúns precavidos, con botas de goma porque o día ameazaba chuvia.
E aínda que estivo todo o día orballando, a excursión resultou moi, moi ben. Non facía frío e a chuvia non impediu facer todas as actividades previstas.
Cando chegou a hora de comer, eu nunca os vira con tanto apetito!.
Podemos dicir que foi xenial. Portáronse moi, moi ben.
Algúns animais da granxa:

