Os nenos e nenas de 3º de primaria estaban estudiando as abellas e Loli , a súa profe invitóunos a ir a súa clase para explicarlles o que sabemos das abellas. Foi unha experiencia estupenda que nos fixo sentir importantes. Quedamos sorprendidos do ben que nos atenderon. Outra vez serán eles os que veñan a axudarnos nos nosos proxectos. Fixéronnos unhas fotos moi bonitas que podedes ver pinchando na imaxe que enlaza co seu blog.
"Se a abella desaparecera da superficie terrestre, ao home soamente lle quedarían catro anos de vida: sen abellas non hai polinización, nin herba, nin animais, nin homes..." “Sen abellas non hai alimentación para o home, as abellas son a base da vida humana na Terra”
As abellas visitan as flores e, de paso que recollen o néctar,
transportan o pole (célula masculina) polas distintas flores da mesma
especie e provocan a fecundación dos óvulos (célula feminina) e o
desenvolvemento de froitos e sementes, e a aparición de novas plantas.
¡Protexer ás abellas é protexernos a nós mesmos e á terra que habitamos!
Hoxe foi un día moi esperado porque visitamos a CASA DO MEL. Alí vimos as abellas e todo o que estos insectos producen. Quedamos encantados do ben que nos explicaron todo. Tamén estes apicultores quedaron asombrados do que sabían das abellas estes nenos e nenas de cinco anos! Gustounos moito facer as velas, e resultounos moi fácil. Quedaron chulísimas!
Tamén nos deron tostadas con queixo e mel; e probamos distintos tipos de mel.
O noso recanto das abellas segue medrando gracias á colaboración de todas as familias. Hoxe chegou moi contento Destaw coa colmea que lle fixo o seu papá. Temos a sorte de contar cuns papás moi mañosos que fan marabillas!
Na asamblea Destaw contounos moitas cousas das abellas. Tamén dixo que no Paraño había moitas colmeas.
No Museo Etnográfico que temos no colexio hai un trobo coma o que trouxo Destaw.
Apareceu na clase unha careta de apicultor. Todos estiveron encantados coa careta posta menos un neno e unha nena que non quixeron probala, pode que outro día se animen.
Cada un de nós elixiu o material que necesitaba para facer unha abella. Recortamos, pegamos pintamos... e así quedaron as nosas abellas. Todas diferentes!
Seguimos estudiando as abellas pero hoxe tivemos a visita doutros insectos: "dous grilos". Observámolos e vimos que tiñan cabeza, tórax e abdome. Tamén tiñan dúas antenas e seis patas igual que as abellas e as bolboretas. o que non lles vimos foron ás, pode ser que aínda non se lles formaran ou eran dunha especie de grilos sen ás, que tamén os hai. Os grilos pasaron polas mans de todos os nenos e nenas, (a algúns tivémolos que convencer un pouquiño que non se atrevían, pero despois foron valentes). Ao final debúxamolos e tamén escribimos o seu nome.
Esta semana chegounos moita información das abellas. Cada neno/a presenta e explica ao resto do grupo o que trae da súa casa. Temos contos, películas, debuxos, páxinas sacadas de internet, e tamén temos unha colmea en miniatura.
Os nenos e nenas de cinco anos, que acabamos o curso pasado estudiando as bolboretas, queremos investigar outra clase de insectos moi, moi importante:"AS ABELLAS".
Na asamblea cada nena e cada neno falou das abellas e todos sabemos algo pero queremos saber máis, así que, coma en todos os proxectos, pedimos axuda ás familias. As familias recibiron a nosa carta e xa nos está chegando moita información, e tamén outras cousiñas que iremos mostrando.