Mostrando entradas con la etiqueta poesía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta poesía. Mostrar todas las entradas

25/2/14

Adiós Ríos, Adiós Fontes. Goodbye rivers, Goodbye...

Hai 150 anos, Rosalía de Castro
 escribiu un poema: Adiós Ríos, Adiós Fontes
fala da emigración
 de como a xente ten que deixar atrás todo o que ama...
 Irlanda como Galicia ten unha historia de emigración... 

"Goodbye rivers, goodbye springs" Homenaxe a Rosalía dos rapaciños e rapaciñas da escola St. Mary's School en Mullaghbawn (Irlanda do Norte)


23/2/14

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O día 24 de febreiro conmemoramos o Día de Rosalía de Castro con moitas actividades en todos os centros escolares.
 A vida de Rosalía é unha historia realmente apaixoante, chea de interese histórico, cultural e intelectual.
 Airiños, airiños, aires  Poema de Rosalía de Castro (Cantares Galegos 1863) musicado e cantado por Amancio Prada e as Pandereteiras de Baio.


23/3/13

MEMORIA POÉTICA

 Esta semana celebramos O DÍA MUNDIAL DA POESÍA
 Como dí Mar Benegas qué mellor maneira de acercarse á poesía que retornando a ela, volver a aqueles versos que nos fixeron rir, bailar, palmear e recitar ata a extenuación.
Isto non cambiou, nos patios e nas rúas, nos parques, alá onde haxa nenos e nenas, seguimos vendo e escoitando aquelas vellas cancións de elexir, trabalinguas, adiviñas e todo rito máxico da voz e do verso.
A esencia de todas elas é o xogo. Porque a todos os nenos e nenas lles gusta a poesía.

13/12/12

CELSO EMILIO FERREIRO

Na clase de cinco anos eleximos este poema de Celso Emilio.

 




21/3/12

DÍA DA POESÍA



FRASES CÉLEBRES SOBRE POESÍA

A historia conta o que sucedeu; a poesía o que debeu suceder. Aristóteles
É imposible traducir a poesía. ¿Acaso pódese traducir a música? Voltaire
O amor é a poesía dos sentidos. Honoré de Balzac

24/2/12

ROSALÍA DE CASTRO

Hoxe lembramos á poetisa Rosalía de Castro con motivo da conmemoración do seu nacemento, o 24 de febreiro de 1837 en Santiago de Compostela.
Limos a poema:

Adiós, ríos; adios, fontes;
adios, regatos pequenos;
adios, vista dos meus ollos:
non sei cando nos veremos.

Escoitamos o poema cantado por Amancio Prada.



8/2/12

Poemas de amor

 Para o concurso de cartas de amor que se convoca por San Valentín presentamos este libro de poemas de amor.



11/4/11