LIBRO DOS DINOSAURIOS
Mostrando entradas con la etiqueta Proxecto: Os dinosaurios. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Proxecto: Os dinosaurios. Mostrar todas las entradas
28/2/13
26/2/13
PORTADAS DOS LIBROS DO PROXECTO.
Así quedaron as portadas dos nosos libros do proxecto
"Os dinosaurios"Fixemos os debuxos e cada un de nós escribiu o título no ordenador e logo imprimímolo.
19/2/13
O TRABALLO DOS PALEONTÓLOGOS
Gracias aos paleontólogos sabemos cómo eran os dinosaurios.
Hoxe os paleontólogos e paleontólogas de infantil saímos a buscar fósiles nunha zona do patio elexida previamente.
Por suposto que levábamos ferramentas e o equipo necesario para separar os fósiles das rochas onde están incrustados e limpalos cuidadosamente.
Moitas veces atópanse pegadas de cómo era o andar dos dinosaurios. Para coñecer estas marcas ou pegadas estampamos en barro os dinosaurios que temos na clase.

18/2/13
16/2/13
1/2/13
UN EXPERTO EN DINOSAURIOS
Hoxe tivemos a gran sorte de disfrutar dunha charla sobre dinosaurios que nos deu Xairo, un alumno de Secundaria que é todo un maestro no tema. Dase a casualidade que Xairo non é a primeira vez que se brinda a facer esta actividade. Sendo moi pequeno, fará uns cinco anos, sorprendeunos con todo o que sabía de dinosaurios.
Xairo hoxe, con todos nós.
31/1/13
MEDIDA DOS DINOSAURIOS
Unha parte destacable dos dinosaurios era o seu tamaño.
Nós investigamos canto
medían. Averiguamos que un Diplodocus chegaba a medir 27 metros, un Triceratops máis de nove metros, un Tiranosaurio 12 metros....
Pero esas cantidades a un neno non lle din nada, é dicir non é capaz de imaxinalas se non é facéndoas realidade, así que saímos ao corredor do colexio con cintas métricas e fomos medindo e marcando a medida de cada dinosaurio. Despois fixemos o percorrido interiorizando as medidas.
24/1/13
AMPELOSAURIO
Noticia do periódico hoxe:
" Descubren en Cuenca o primeiro dinosaurio 'Ampelosaurus' da península. O Ampelosaurio pertence ao grupo dos saurópodos, dinosaurios de gran tamaño que chegaron a colonizar grandes extensións do planeta durante a Era Mesozóica. Era herbívoro."
http://video.publico.es/videos/0/125806

23/1/13
DINOTREN
Con esta serie divertida de debuxos animados descubriremos cousas interesantes dos dinosaurios.
(Pincha na imaxe e elixe o capítulo que máis che guste)
19/1/13
AMBIENTACIÓN DA CLASE
Queremos ambientar a clase para que, nada máis entrar, todo o mundo descubra o proxecto no cal estamos inmersos.
Mirade como traballamos!
Pintamos grandes murais:
Mirade como traballamos!
Pintamos grandes murais:
INFORMACIÓN SOBRE OS DINOSAURIOS
Durante toda esta semana foi chegando moita información dos dinosaurios: fotos, películas, puzles, debuxos, libros, fotocopias...
13/1/13
9/1/13
8/1/13
NOVO PROXECTO
Hoxe eleximos un novo proxecto. Saíron varias propostas: cans, dragóns, o espacio, os dinosaurios...Votamos e gañou por pouco o proxecto OS DINOSAURIOS.
Mañá escribiremos a carta para as familias.
Mañá escribiremos a carta para as familias.
24/2/08
PROXECTO: DINOSAURIOS
Foron moitas e moi variadas as actividades relacionadas con este proxecto.
- INVESTIGAMOS:
- Visitando á biblioteca, para buscar moitos libros de dinosaurios.
- Cada neno/a aportou material da súa casa.
- Xairo, un neno de cuarto de primaria, veu á nosa clase a explicarnos moitas cousas de dinosaurios.
- O mural que fixemos tiña un diplodocus enorme.
- Modelamos dinosaurios de barro e pintámolos.
- O réptil voador que colgamos no teito da clase parecía de verdade.
- Debuxamos e pintamos moitos dinosaurios .
- Marcamos as pegadas de dinosaurios en planchas de barro.
Tamén fixemos teatro, representando os dinosaurios herbívoros e carnívoros.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)