Mostrando entradas con la etiqueta Proxecto: O medo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Proxecto: O medo. Mostrar todas las entradas

12/4/10

LOBO FEROZ

Para participar no concurso de reciclado que convoca A.M.A. (aula de medio ambiente) na clase de tres anos traballouse moito facendo un lobo que nos quedou chulísimo.
"LOBO FEROZ QUE COME PAPAS DE ARROZ"





Posted by Picasa

Proxecto "O medo"


Empezamos construindo un gran castelo que máis tarde encheuse de pantasmas.


Posted by Picasa

21/6/07




ACTIVIDADES DE EDUCACIÓN INFANTIL


(Curso 2006-2007)


¡COS PELOS DE PUNTA!





A biblioteca do centro organiza actividades para que tódolos nenos se acheguen a ela.



Estas semanas tratará “os nosos medos”. Estará ambientada para a ocasión, os nenos de tres anos fixemos dous murais: a bruxa e o vampiro.
Na biblioteca lemos o conto: “A bruxa regañadentes”
Tamén na clase traballamos este tema.( Pintamos un castelo, e cada neno fixo a súa pantasma, tamén pintamos bruxas e unha casa para a bruxa).

¿A qué lle temos medo os nenos de tres anos?
- Teño medo ó lume. (Silvia)

- Eu ás pantasmas. (David)

- Teño medo ós animais da selva. (Javier)

- Ós tigres. (Xoel)

- Ós lobos. (Carmen)

- Ós leóns. (Naroa)

- O lume tamén me da medo a min. (Eric)

- Ás serpes, un día entraron no meu coche, leveinas eu no colo, axudoume papá, estaban cos lobos pero non comeron a papá porque levaba unha escopeta, eu pegueille cunha escopeta de mentira. (Antía)

- Eu teño medo á raposa, vin unha en Pontedeume que non me deixaba pasar co coche e despois pillámola. (Elia)

- Teño medo ós tigres que os vin en Pontedeume. (Tomás)

- Eu téñolle medo ó raposo que o vin na casa do abuelo Luis, iba comer as galiñas, ós gatos non, porque non lle gustan e o padrino pegoulle. (Uxía)

- Ós coches grandes. (Eyob)

- Teño medo ó meu coche porque se está encendido atropéllame. (Mario)

- Teño medo ós lobos porque ó mellor estou so e vou polo monte e me ve un lobo. (Adrián)

- Teño medo ós tronos, que tronaba na Capela, donde estaba Manu. (Javier)

- Teño medo á escuridade. (Silvia)

- Non teño medo á escuridade porque non hai nada. (David)

- Mamá mañá quéreme levar onde están os morcegos, eu ós morcegos téñolles medo, non quero ir.(Uxía)