Mostrando entradas con la etiqueta Proxecto: As plantas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Proxecto: As plantas. Mostrar todas las entradas

7/6/12

OS XIRASOLES DE VAN GOGH

Hoxe vimos o cadro dos xirasoles de Van Gogh. Tamén vimos este vídeo que nos fixo moita gracia.


2/6/12

MILICROQUES

Milicroques, abelurias, dedaleiras,... son algúns dos nomes que recibe esta planta. Despois de falar dela na clase e ver fotos, o venres apareceu Xulián cun gran ramo. Fixemos un montón de actividades: xogamos a estoupalas, escribimos o seu nome, fixemos cadros de milicroques... 


 

29/5/12

ADIVIÑAS DE FLORES


PLANTAMOS NO HORTO.

Seguimos coas plantas e onte tocou plantar no horto. 
Plantamos coles de Bruselas, calabacíns e pementos.
 Como o horto queda dentro do patio de infantil, podemos regar e mirar como van medrando todos os días.

15/5/12

PLANTACIÓN


Esta semana, que por fin parou de chover, 
saímos a a plantar no horto. Tíñamos moitas sementes que trouxemos das nosas casas. 
Plantamos allos, perexil, cabazas, remolacha, coles, cenorias....
Os nenos e nenas de tres anos prestáronnos unha gran axuda.


OBSEVACIÓN DA NATUREZA

 Como estamos co proxecto das plantas saímos ao patio a observar e recoller flores e follas para o mural.

Tamén queremos comparar as fotos que sacamos no mes de maio coas do mes de marzo ou setembro e ver os cambios que se producen en cada estación. (As árbores do noso patio)

No outono buscamos castañas, landras, mazás,...
Chegou o mes de  marzo e aínda non había moitas follas.


No mes de maio así de verde e bonito está todo.







10/5/12

AS CEBOLAS

 
  • As cebolas que temos metidas na auga  medran moito. 
  • Decidimos medir as raíces e as follas.
  •  Debuxámolas nun folio e apuntamos as medidas.
  • Non esquecemos as matemáticas!

9/5/12

NACEMENTO DUNHA SEMENTE


AS PLANTAS

Aínda non falamos nada do que estamos aprendendo das plantas.
Comezamos traendo sementes de todo tipo das nosas casas.  Algunhas sementes plantámolas na clase e outras estamos esperando a que pare de chover para plantalas no noso horto.

  Puxemos cebolas en auga, lentellas e fabas en algodón....


 Os caraveles cambiaron de cor.




2/6/10

Primavera

Estábamos no tempo de plantar e na clase de tres anos xuntamos moitas sementes. Primeiro clasificámolas: lentellas, garabanzos, fabas..., despois plantámolas nun mini horto que preparamos na clase. Así podemos ver tódolos días como van medrando.

13/4/08

PROXECTO: AS PLANTAS

No mes de marzo contamos coa axuda de Laura, unha estudiante de educación infantil, que estaba facendo as prácticas na nosa clase. Propuxo aos nenos e nenas se querían investigar e aprender cousas das plantas e todos aceptaron encantados. Así é como naceu este proxecto.

Os nenos trouxeron moitas e variadas sementes da súa casa: fabas garabanzos, coles, cenorias, pipas de mirasol e pipas de cabaza, leituga, nabos, coles, fiuncho ...





FIXEMOS CADROS DE SEMENTES





PLANTAMOS NO HORTO





EXPERIMENTOS


A CEBOLA NA AUGA BOTA RAÍCES





AS LENTELLAS XERMOLAN






OS CARAVEIS CAMBIAN DE COR






Como bos científicos, cada día observamos e anotamos os cambios.