Mostrando entradas con la etiqueta Proxecto: O corpo humano. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Proxecto: O corpo humano. Mostrar todas las entradas

18/12/12

LIBRO DO CORPO HUMANO


O corpo humano from Ángeles López


 OS RILES
 
 Hoxe Noa chegou á clase cunha bolsiña, 
- a ver se sabedes o que traio aquí?
Pensamos que traía outro cerebro, pero a sorpresa foi cando vimos que eran dous riles.

16/12/12

CEREBRO E MÉDULA ESPIÑAL

 Esta vez ampliamos o sistema nervioso xa que contamos cun cerebro e a médula espiñal.
É unha sorte contar con avós carniceiros!
O que fixemos foi obsevar, tocar e medir. Este cerebro medía 13 cm. e a médula 78cm.
Despois representamos nun folio os resultados da nosa investigación.

12/12/12

O CEREBRO

Estos días estudiamos o sistema nervioso e falamos do importante que é o cerebro.
Noa trouxo un cerebro á clase. Observámolo e fixemos unha serie de xogos para darnos conta de como traballa o cerebro: percibir, procesar e enviar as ordes.
Tamén fixemos un cerebro con plastilina.

9/12/12

OS ÓSOS


DENTRO DO EMBARAZO

Con esta colección de vídeos iremos vendo como se van formando tódolos órganos dun neno ou nena dentro da barriga da mamá.
 
 

5/12/12

O ESQUELETO

 Comezamos a estudiar o sistema óseo.  
Hoxe os nenos e nenas de 2º de Primaria viñeron á nosa clase a presentarnos a "Huesitos".
 Estará uns días con nosoutros para coñecelo moi ben.



2/12/12

PROXECTO: O CORPO HUMANO

Así é como están quedando as paredes da nosa clase. Nas nosas siluetas imos debuxando e estudiando tódolos óganos e aparatos do corpo humano.

20/11/12

A DIXESTIÓN

Os científicos de catro e cinco anos investigamos e comprobamos como funciona o aparato dixestivo. Comezamos pola boca. Temos distintos tipos de dentadura: Incisivos, caninos, molares... e cada tipo de dentes traballa dun modo diferente.
 Utilizando plastilina cortamos, rasgamos e machacamos, exactamente como fan os nosos dentes. 
 

Despois comendo pan sentimos como íamos facendo o bolo alimenticio. 
Tamén fixemos o bolo alimenticio coas nosas mans axudando a ablandalo cunha pouquiña de auga (en lugar da saliva), e despois xa estaba preparado para a dixestión. 
 
 Metimos o bolo por un tubo que representaba ao esófago e que acababa nunha bolsa que representaba ao estómago. 
O bolo no estómago mézclase cos zumes gástricos e despois os restos de comida pasan por un tubo moi longo: os intestinos.
 

Investigamos o que miden os intestinos e xa sabemos que estirándoos ben miden dez metros.
 Para facernos unha idea do qué son dez metros saímos ao corredor cunha cinta métrica e unha corda. Medimos e fixemos o recorrido por encima.

 
   

 Parece mentira que nos colla tanto intestino na barriga!

14/11/12

DOMUS, A CASA DO HOME

Onte realizamos unha visita a DOMUS, A CASA DO HOME . 
Un museo que propón un recorrido interactivo polo corpo humano a través de curiosas actividades e exposicións. Todo o que hai exposto é para tocar e xogar. 
   "O seu lema é: aprender divertíndote e
 PROHIBIDO NON TOCAR"  


11/11/12

SISTEMA CIRCULATORIO


Con un pouco de retraso imos mostrar o que fixemos a semana pasada os científicos.
Por equipos seguimos investigando o funcionamento do corazón.

 1- Escoitamosos os latidos do corazón estando en reposo e despois de correr.

2-Reproducimos os ritmos con  pés e mans.

3- Medimos os cinco litros de "sangue" que temos no corpo.


4- Fixemos veas e arterias con plastilina.  

  5-Abrimos un corazón de porco e vimos as aurículas e ventrículos e tamén as arterias e veas.





6- Construimos un corazón con botellas de plástico, dúas botellas representaban as aurículas e outras dúas os ventrículos e por uns tubos que facían de arterias e veas circulaba o sangue das aurículas aos ventrículos e despois volvía a subir . Formamos un circuito, a circulación do sangue.